Ola rapaces!
Déixovos o traballo correspondente ó día de hoxe de despois coméntovos o que imos facer a partir da próxima semana.
-1ºESO
Exercicios do libro de Aula da páxina 123 ("Interpreta os mapas") e os exercicios da páxina 129 ("Interpreta os mapas") Son os exercicios relativos ós continentes de América e Oceanía.
Anímovos a que ademáis, debuxedes o mapa na libreta (co voso estilo) e o adxuntedes cos exercicios. Os máis bonitos vounos subir no blog o próximo día!!!
Hoxe é o día da entrega.
-2ºESO
Exercicios da páxina 144 ("Interpreta o mapa") e os tres primeiros exercicios da páxina 145 ("Claves para estudar")
Adxuntade unha boa fotografía e que se poidan ler ben, porque algúns mandades fotos pouco visibles e con letra pouco lexible, e así é complicado que os poida corrixir.
Estou a tomar nota de todos os que entregades para a nota da segunda avaliación.
Hoxe é o día da entrega
-3ºESO
Exercicios 1, 2 e 3 da páxina 145 ("Claves para estudar"), exercicios 1 e 2 da páxina 146 ("Claves para estudar") e o exercicio número 2 da páxina 147 ("Interpreta o mapa")
Son puntuables todos os que estades a entregar os exercicios para a segunda avaliación, e ademáis estou a esperar por todos os traballos do Sector Servizos que aínda non recibín. Mañá remata o prazo de entrega, e o traballo leva nota tamén.
Hoxe é o día da entrega
-4ºESO
Déixovos un vídeo (enlace de Youtube de case 7 minutos) sobre as consecuencias posteriores da Primeira Guerra Mundial, para que vexades unha introducción ó tema que imos comezar o luns. Quero que me enviedes un comentario (adxunto en word ou ben no corpo do correo) sobre o mesmo vídeo. ¿Qué cousas vos chamaron máis a atención? ¿Cal é a idea principal do video? ¿Como o podes relacionar coas consecuencias posteriores doutros conflitos importantes? ¿Como é a situación do emprego nese momento? (As preguntas son orientativas para que desenvolvades o voso comentario)
https://www.youtube.com/watch?v=fotQl8DDeNs
Podedes utilizar o libro de Aula ou ben algún artigo de apoio para o voso comentario.
https://ocw.ehu.eus/pluginfile.php/4658/mod_resource/content/1/Tema_5/Aldcroft-Consecuencias_economicas_de_la_Gran_Guerra.pdf
Déixovos ata mañá para que o entreguedes. Confío en vos!
A PARTIRES DO LUNS, IMOS COMEZAR TODOS OS CURSOS NOVOS TEMAS, NA FIN DE SEMANA IREI EXPLICANDO PORMENORIZADAMENTE COMO IMOS TRABALLAR OS NOVOS TEMAS, E COMO OS VOU A AXUDAR A QUE OS ENTENDADES.
No tocante o concurso de relatos, e despois da votación dos profesores, a gañadora foi a vosa compañeira U.F. de 4º co seu relato. Noraboa a todos os participantes, porque o nivel foi boísimo!!!!
Déixovos a fotografía que nos mandou o voso compañeiro R.S. de 1º da ESO, que el mesmo titulou "Covid19" , facendo alusión o estado de confinamento. É unha fotografía que reflicte a forma na que algúns de vos os sentides. Espero por máis fotografías!!!!!!O concurso remata o domingo.
Os vosos compañeiros de primeiro están a practicar a súa destreza cos mapas, e por exemplo B.A. mandou este exemplo de Ámérica para que vos animedes e fagades o mesmo (mensaxe para os de primeiro) Mañá subirei máis mapas!
Unha aperta a todos e moitas grazas polos vosos mails! Seguide traballando así!!
Deica maña!