TAREFAS VENRES 27

Ola rapaces!

Coma onte, déixovos as tarefas do día de hoxe. 

-1ºESO.

Os exercicios da páxina 131 ("Claves para estudar") relativos á Antártida. Anímovos a que completedes o voso atlas particular e fagades este último mapa. Xa vedes que son poucos exercicios. 

-2ºESO

Os tres primeiros exercicios da páxina 147 ("Claves para estudar") e os exercicios da páxina 151 ("Interpreta o esquema e o mapa") e os dous primeiros exercicios da sección "Claves para estudar". Por favor, boa letra e fotos lexibles!!!!!

-3ºESO

Rematar o traballo do Sector Servizos (para nota) e para hoxe un breve resumo do punto 8 do tema 5 (Os Servizos) sobre O Turismo. ¿Qué é o Turismo? Como tedes que falar deste punto no voso traballo sobre o sector servizos, gustaríame que, sabendo os tipos de turismo que hai, seleccionásedes os que atopamos en Galiza, e as zonas onde os podemos atopar (por exemplo, turismo termal na zona de Ourense e na ría de Arousa-O Grove)
Non vos aturulledes cos exercicios de hoxe, porque nunha cariña tedes máis que de sobra. O que quero que saibades é en qué consiste o turismo e qué tipos de turismo temos en Galiza. 

-4ºESO

En principio, soamente o comentario de texto "Tratado de Versalles" da páxina 138 do voso libro (se non o tedes na casa, pedídesmo por mail e mándovos unha foto do texto)
O comentario ten que ser breve, e levar unha introducción do tema. Na conclusión quero que o relacionedes co vídeo que vos mandei onte. 
Unha cariña máximo. 


E eso é todo, polo de agora. Tódolos exercicios e traballos que fixéchedes estes días son puntuables para a segunda avaliación. Se tedes algunha dúbida, podedes escribir un mail, pero non a calquera hora, intentade que sexa polas mañás! 

Na próxima semana, vou tentar facer un sistema novo para comezar o novo temario con tódolos cursos. Vou subir os temas en power point por partes neste blog (os tema estarán subidos no google drive), ademáis da parte do tema correspondente vou deixarvos material adicional (vídeos ou artigos) para que completedes, e ademáis tendes o libro de Aula por se queredes ler algunha cousa máis. A mediados de semana, subirei tamén os meus famosos cuestionarios, relativos a ese bloque que subirei semanalmente, para que os fagades e os devolvades coas respostas. Soamente admitirei formato dixital (mándovos un documento word para que fagados o cuestionario nel e o devolvades cuberto coas respostas)

Estarei pendente do correo electrónico por se tedes algunha dúbida. E se non entendedes o tema ou tedes dificultades, pódovos mandar audios explicativos (feitos por min) para que o entendades. Despois de Semana Santa, se vos parece, comezaremos a traballar co "Google Classroom" para maior comodidade de todos. 

TODO o que se faga é AVALIABLE.

No tocante ás fotos do concurso de fotografía, déixovos esta fermosa foto que nos enviou o voso compañeiro E.E. de 2º, onde temos unha homenaxe a unha das mellores fotógrafas da movida madrileña ("Ouka Lele"):

Por outra banda, os alumnos de 1º están a customizar os seus exercicios, incluíndo mapas feitos por eles mesmos, e que ademáis lles axudan a estudar xeografía dun xeito máis artístico. Aquí tendes os mapas que nos enviou L.M. de 1º. Bonitos, bonitos!!!!



E para despedirnos hoxe, déixovos unha foto enviada polo voso compañeiro E.E. para animarvos un pouco nestes días que temos que quedar na casa. Moitísimas grazas E.! Es un gran compañeiro! 


E deste xeito me despido de vos ata mañá. Espero que con esta última foto, o voso compañeiro vos quitase un sorriso marabilloso e sobre todo, teñades un día fantástico!

Bo día a tod@s!!!!!!