BOS DÍAS RAPACES!!!
Seguimos co teletraballo dende casa, así que déixovos a tarefa correspondente co día de hoxe, ben explicadiña para que non haxa dúbidas. Despois vou poñer os últimos relatos do concurso e algunha sorpresa máis que vos temos preparada para hoxe.
1º E.S.O.
- Hoxe vades traballar co libro de Aula
(Santillana Obradoiro, Xeografía e Historia, 1º E.S.O.), e no Tema 6, “Atlas dos
continentes”, tedes que realizar os exercicios da páxina 119 (sección “Interpreta os
mapas”) e os exercicios da páxina 121 (sección “Interpreta os mapas”) que son
os exercicios relativos a África e a Asia. Facedes os exercicios na libreta (exercicios de repaso)e despois mandades unha foto ó e-mail. Podédelo enviar hoxe ou mañá (prazo máximo). Se tedes algunha dúbida, xa sabedes onde estou.
2ºE.S.O.
-Do libro de Aula , do tema que estamos a ver, tedes que facer os
exercicios da páxina 142 (da sección “Interpreta a liña de tempo”) e os
exercicios da páxina 143 (da sección “Claves para estudar”) os tres primeiros
exercicios. Facédelo na libreta e enviádesme unha foto cos mesmos ó correo electrónico hoxe, ou mañá como prazo máximo.
3ºE.S.O.
-Do libro de Aula (Santillana,
Obradoiro, Xeografía e Historia, 3º E.S.O.) debedes realizar os exercicios da
páxina 139 (da sección “Claves para estudar”), os exercicios 1 e 2 da páxina
141 (da sección “Claves para estudar”) e
os exercicios 1 e 2 da páxina 143 (da sección “Claves para estudar”) Facédeslle unha foto e despois enviádesme os exercicios ó correo electrónico durante o día de hoxe.
-No tocante ó traballo, tedes ata o próximo luns para entregalo. Está na entrada do blog do pasado luns. Tedes como último día o próximo luns para a entrega vía mail. Lémbrovos que está prohibido copiar e pegar de internet, e que NON corrixirei ningún traballo que non sexa orixinal. Formato "Word"
4ºE.S.O.
-Do
libro de Aula (Santillana, Obradoiro, Historia, 4º E.S.O.) debedes facer o
comentario de texto da páxina 129, titulado “A visión dos colonizados” sobre o
Imperialismo previo á Primeira Guerra Mundial. Tedes o tema 5 do libro
(“Imperialismo, Guerra e Revolución”) e o PowerPoint co tema completo ("Imperialismo e Primeira Guerra Mundial") no blog
do colexio para realizalo.
Na
páxina 129 hai un vocabulario (punto 1 da sección “Claves para estudar”) que
debedes incluir no comentario. Usade o libro ou internet para realizalo.
Facedes unha liña de tempo dos sucesos máis salientables da Primeira Guerra Mundial, e o adxuntades o traballo.
O comentario non debe exceder o folio e debe facerse
en formato “Word” e envialo ó correo electrónico do profesor ata o día 25 de
marzo como prazo máximo. No mesmo
arquivo deben ir tamén as palabras de vocabulario e a liña de tempo indicadas.
-Hoxe espero os vosos traballos sobre as "Vangardas Artísticas" de principio do século XX.
Moito ánimo a todos!
Imos co tema dos relatos. Onte rematou o prazo para entregalos, polo que hoxe subirei os últimos relatos recibidos e que entran a concurso. Ó longo desta semana diremos o nome do gañador/a e á volta, faremos unha entrega de premios cos gañadores. Despois cóntovos sobre o concurso desta semana. Pero imos primeiro co tema dos relatos. A vosa compañeira A.P. de 1º, envíanos esta graciosa historia, con final feliz entre dous irmáns. Espero que vos guste, porque mistura humor e medo no mesmo relato, e a min, son dúas cousas que me encantan:
Y aquella noche, en mitad de la tormenta, alguien llamó a la puerta, Laura sintió como su corazón latía a mil por hora, sus pupilas se dilataban como las de un gato, y podía sentir como el miedo se apoderaba de su cuerpo.
Laura no tenía ni idea, quien podía haber llamado a la puerta a aquellas horas de la noche, sus padres se habían ido de cena y ella estaba cuidando de su hermano pequeño Nico de 5 años.
Laura miro por la mirilla de la puerta y solo consiguió ver el gran jardín y los árboles que se movían como gigantes en aquella noche de tormenta; era espeluznante… Su corazón comenzó a latir más rápido y su respiración se volvió cada vez más agitada, sintiendo que le faltaba el aliento.
De repente volvieron a llamar a la puerta, pero continuó sin ver nada, allí fuera no había nadie, absolutamente nadie, y le vinieron a la mente las escenas más terroríficas de algunas películas, y pensó: `` ¿Por qué vería esas películas? ´´
Entonces tomó una decisión; tenía que agarrar el toro por los cuernos y ser valiente, así que pensó: “Valiente sí, pero precavida”, cogió una lampara de mesa y decidida se fue hacia la puerta, colocó su mano en el pomo y lo deslizó hacia abajo; de repente, volvieron a llamar.
Abrió con fuerza la puerta y gritando con la lámpara levantada dijo: “Tened cuidado, estoy armada, tengo una lámpara y no dudéis que la voy a usar”.
Pero lo que vio al abrir la puerta, no daba crédito, oyó un grito muy agudo que casi le rompe los tímpanos, pero no vio a nadie, hasta que notó como una mano le tocaba el brazo, en ese instante dirigió su mirada hacia abajo y vio una pequeña sombra empapada por la lluvia, pero no lograba distinguirla porque se había fundido la luz por la tormenta, y escuchó:
-Laura soy yo Nico, cuando se fueron papá y mamá me dejaste fuera de casa, timbré y no me escuchaste, ¿estás sorda?
El misterio estaba resuelto, no había intruso, ni asesino, ni fantasma; era su hermano Nico; en ese momento Laura se desmayó de la impresión.
Voso compañeiro J.A.L. mandounos dous poemos fermosos escritos por él mesmo, onde reflicte un pouco o seu sentimento este días tan intensos. Noraboa compañeiro, es todo un poeta!!! Temos con nós ó próximo Alberti! O primeiro chámase "Libertad":
Nunca salir a la calle fué tan deseado,
nunca fué un beso tan anhelado,
nunca necesité el calor de un abrazo inesperado.
Nunca creí, que la caricia de mi madre hoy fuese como un regalo.
Miro a través de la ventana y el aire huele a soledad,miro la cara de la gente que tiene miedo a respirar.
¡¡Hoy se lo que es la libertad!!
mi casa es una jaula de oro donde me mantengo en cautividad
pero soy positivo y pienso que esto...esto pronto acabará
y cuando esto ocurra respiraré,besaré y abrazaré
porque hoy he aprendido lo que es la libertad.
O segundo poema chámase "Jaula de cristal" e tamén merece a pena a súa lectura, porque ámbolos dous poemas son moi fermosos.
Hoy se como te sientes pequeño pajarillo,
porque yo me siento igual,
estoy encerrado en una jaula de cristal.
Veo el mundo desde dentro y no tengo ganas de cantar.
Me tienden la mano, pero no la puedo tocar,
me ponen la mejilla pero no puedo besar.
Soy como tu pajarillo, encerrado sin poder volar,
el aire que se respira fuera nos podria matar.
Algun dia pajarillo volaremos en libertad
mientras tanto cantemosle al mundo
para que todos puedan soñar
que un dia la jaula se abrirá
y todos volveremos a volar.
Aprenderemos algo de todo esto
y valoraremos el cariño de los demas,
hasta mañana pajarillo.... no dejes de luchar.
Fermoso. Moi fermoso compañeiro. Es un gran poeta! E estou seguro que pronto veremos os teus poemas nalgún libro en tódalas librerías de Galicia. Qué ganas!
Polo demáis, mañá falarei do próximo concurso que imos poñer en marcha esta semana. O concurso é un concurso fotográfico chamado "Yo me quedo en casa". Será un concurso de fotografía artística, que xa mañá vos explicarei con detemento para que poidades participar. Neste caso, tamén seremos os profesores os encargados de xulgar as mellores fotografías que nos enviedes.
Tedes en marcha un reto, a través da plataforma de Kahoot. Tamén tedes o reto de kahoot de SOCIAIS, onde vos esperan unha batería de preguntas sobre cousas que xa vimos no aula. Espero e desexo que participedes, porque o gañador final do kahoot, será premiado tamén no colexio, na gran entrega de premios que faremos á volta. Animádevos e participade!!!!!
Tedes que entrar no enlace que vos deixo debaixo e comezar a participar cando vos toque...MOITA SORTE!!!!
https://desafiosantacristina.blogspot.com/2020/03/desafio-multidisciplinar.html
ATA DESPOIS!!!!!
PD: Mañá, a partires das 12 da mañá, a segunda canle de TVE emite un programa de Ciencias Sociais. Anímovos a que o vexades, e despois o comentamos. Pero mañá quérovos a todos diante da tele entre as 12 e as 14 da tarde. Programa especial de Ciencias Sociais na TVE !!!!!