NUEVOS TEMAS LUNES 30 MARZO

Bos días rapaces!!!!

Hoxe comezamos tod@s os temas que pertencen á 3ª AVALIACION, así que ímolo facer da seguinte maneira. Cada curso vai ter unha presentación Power Point dun tema. Evidentemente non vai o tema enteiro, porque ímolo traballar por bloques. É moi sinxelo, porque os temas van en consonancia cos vosos libros de texto (Santillana Obradoiro). Son todos temas moi faciliños, e doados de entender. Se nalgún momento tedes algunha dúbida no tocante ó tema, non esquezades que o meu correo electrónico é darioprofesorsociales@gmail.com. 

Ó longo desta semana, vouvos ir deixando cousiñas relativas ós vosos temas, así como vídeos, artigos, explicacións e algún audio feito por min, explicando o que quizáis sexa máis complicado de entender. Ó final de cada tema, tedes unha serie de actividades que tedes que entregar ANTES DA FIN DE SEMANA (é dicir, antes do venres ás 00:00) de forma obrigatoria. Os que vaian entregando actividades, van sumando puntos á nota da TERCEIRA AVALIACIÓN. Se trata de ir sumando pouco a pouco, e preparándonos para algúns "desafíos" que vos pedirei nun futuro e que contarán para a nota (non vou desvelar nada aínda). COMEZAMOS!!!!!!!!

A PARTIRES DE AGORA, AS ACTIVIDADES SOAMENTE SE RECIBIRÁN EN FORMATO "WORD" (tédelo tamén como app para móbil de xeito totalmente gratuito) e se penalizará o "corta/pega" dos traballos e actividades. NON CORREXIREI NADA QUE NON ESTÉ NESTE FORMATO. 

NO CORREO ENVIADO É OBLIGATORIO POÑER NO ASUNTO, CURSO E NOME DO ALUMNO. 

1ºESO. A PREHISTORIA

Imos facer unha viaxe no tempo, e imos coñecer unha das partes da Historia máis divertidas e interesantes. Imos viaxar por distintas épocas, dende o Paleolítico ata a Idade dos Metais, e sobre todo imos a coñecer a evolución dos humanos dende que apareceu a especie ata o de agora. E un tema apaixoante que espero que vos guste. Estade moi atentos, porque ademáis das actividades que tedes ó final do bloque (para antes do venres, moi moi sinxelas), tedes que entregar un debuxo explicativo da vida dos homes do paleolítico. Déixovos total creatividade, pero tedes que servirvos do tema para axustarvos á realidade. O debuxo é puntuable e vaise valorar a exactitude histórica do contenido do mesmo. Moito ánimo rapaces!!!!!!






2ºESO.A POBOACIÓN NO MUNDO

Deixamos os temas de Historia para coñecer un pouco máis en profundidade o mundo que nos rodea. Para iso, imos a tratar temas como a natalidade e a mortalidade, e o que é a densidade de poboación. Así dito, soa complicado, pero é moito máis doado do que imaxinades. Ide lendo pouco a pouco o tema e non o deixedes para o final, porque tamén tedes actividades que entregar. Incluín un artigo (diapositiva número 14) para que contestedes a unha das preguntas que vos fago. Por un momento podédevos sentir como un político importante! Se non entendedes algunha cousa, e-mail!!!!!!!







3ºESO. A IDADE MODERNA. UNHA NOVA ERA. 

Nos deixamos a xeografía para adentrarnos no apaixoante mundo dos descubrimentos. Imos coñecer cousas incríbles que sucedían no século XV, como por exemplo o Descubrimento de América. Veremos como eran os mapas daquel momento e viaxaremos pola Europa do Humanismo no que as persoas empezaron a preguntarse cousas ata o de agora impensables. Comezamos a nosa viaxe xuntos!






4ºESO. A EUROPA DE ENTREGUERRAS. 

Unha vez rematada a Primeira Guerra Mundial, Europa atravesou un convulso momento político onde cambiaron moitas cousas. Apareceron ideoloxías como o fascismo de Mussolini ou o nacionalsocialismo de Hitler. Pero antes de todo, imos viaxar a un fermoso país chamado Rusia, onde coñeceremos de primeira man a súa Revolución e como o Comunismo fíxose co poder. Ide preparando o voso olfato investigador porque ademáis das actividades (catro exercicios de nada) , vouvos pedir un deses relatos que tanto me gusta ler...A protagonista dos relatos vai ser a misteriosa Anastasia Romanov. Ó longo desta semana xa vos explicarei como imos facer. Davay, rebyata!!!! (Adiante rapaces!!! en ruso)







Isto é todo polo de agora rapaces. A modiño, e soamente vos pido que vos molestedes en ler de cando en vez o tema que vos corresponde. Tedes na casa o voso libro de texto, e ademáis, esta semana irei deixando cousiñas para que melloredes e vaiades máis seguros co tema. 

Moito ánimo Rapaces!!! Que xa non queda nada para vernos de novo!!!!


PD: Teño máis fotos do CONCURSO "YO ME QUEDO EN CASA" que mañán subirei na actualización (as últimas). Non me esquecín delas. Canto talento xunto!!!!!!!