BOS DÍAS RAPACES!
Comezamos o teletraballo dende a casa, e para iso vou deixar as tarefas para tódolos cursos, correctamente explicadas e xustificadas:
1ºE.S.O.
-Hoxe vades facer un traballo sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Tedes que facer un traballo resumo sobre o conxunto das illas (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) resaltando os valores paisaxísticos e turísticos das illas.
¿Qué podemos visitar nelas?, ¿Como é a fauna e a flora?, ¿Cales son os puntos máis turísticos?
-No traballo non vos esquenzades de falar das rías onde se atopan e comentar a importancia que ten pertencer o circuito nacional de Parques Nacionais.
-O traballo tedes que entregalo por mail , á dirección que deixarei ó final deste post. Facede un bo traballo, intentando non copiar de internet, e redactade da vosa colleita para facer un traballo máis orixinal. O traballo tédelo que adxuntar nun correo cun formato word (xustificade o texto, por favor)
-O traballo entra no exame que íamos ter, e que se vai aprazar para o día 30 de MARZO, no relativo á xeografía de Galicia.
-O prazo do traballo é ata o xoves. A partires das 12 da noite do xoves 19 de Marzo non recollo ningún traballo máis.
Moito ánimo!
2ºE.S.O.
-Exercicios da páxina 138 (sección de "Interpreta o mapa) e da páxina 139 ("Claves para estudar", exercicios 1 e 2)
-Exercicios da páxina 141 ("Claves para estudar" e "Interpreta a liña de tempo", todos)
-Son exercicios para facer de repaso para o exame do día 3 de abril e que sustitúen ó cuestionario que vos acostumo a facilitar antes dos exames. Eses exercicios (máis os que virán) son para o exame, e por suposto moitas das preguntas do exame serán as dos exercicios que vos mando.
-O exame será o día 3 de Abril, porque íamolo facer o día 23, como dixemos o outro día, pero non vai poder ser ata o día 3.
-O tema do exame ven no voso libro: Os reinos cristiáns hispánicos. Do reino de León á Coroa de Castela. Reinos Pirenaicos. Reconquista e repoboación. Coroa de Castela e Coroa de Aragón.
Moito ánimo!
3ºE.S.O.
-Como xa falamos o outro día, o tema do Sector Servizos ídelo traballar por fases. É un traballo de entrega obrigatoria na clase o día 30 de Marzo (á volta) , onde tedes que incluir os exercicios que vos encargarei hoxe e sucesivos días. O traballo vai ser a man, e en folios. Tedes que especificar os días nos que fixéchedes o traballo e incluir unha conclusión persoal no mesmo, a modo de artigo, tal e como vos explico .
-O Título do traballo é o "Sector Servizos en Galiza". Tedes que facer un estudio pormenorizado do sector servizos en Galiza. ¿Hai máis servizos públicos ou privados?, ¿Cómo funciona o comercio? ¿E os transportes? ¿Qué tipos de transportes atopamos con máis facilidade? ¿Cales funcionan mellor? ¿Como é o sector turístico en Galiza? ¿Como funcionan os servizos nese sector?
-Tedes que incluir no traballo, a situación do sector en Vigo, que é a cidade onde vivides, para que comparedes a situación xeral da Comunidade coa da vosa cidade.
-Hai un epígrafe sobre o sector terciario en Galicia no voso libro, pero de tódolos xeitos, non vou a permitir que copiedes, nin do libro, nin de internet. O traballo vai a ser avaliable para a segunda avaliación.
-Nos próximos días, deixareivos exercicios do libro, para que complementedes co traballo que tedes que entregar.
Moito ánimo!
4ºE.S.O.
-Tedes que facer o traballo das Vangardas Artísticas que vos encarguei, xa fai dúas semanas. O traballo é de entrega obrigatoria o día 23 de MARZO a través do correo electrónico, tal e como vos díxen na clase. Tedes que facer un comentario dunha obra artística das vangardas artísticas do século XX (xa escollíchedes, e vos teño a obra apuntada).
-No traballo tedes que facer unha análise PERSOAL da obra, falando da súa composición, cor, significado, intrahistoria (se a ten). Non admito copias/pegas de internet, de feito vou valorar a orixinalidade e NON VOU A CORRIXIR os corta/pega. De feito o traballo quéroo en formato WORD, e vouno pasar polo procesador-localizador de textos. A extensión do traballo é mínima de 180 palabras.
-Nos vindeiros días deixareivos exercicios e comentarios de texto para que preparedes o exame que teremos o día 30 de MARZO (pola situación extraordinaria que estamos a vivir cambiámolo dende o día 16 para o día 30). Son obrigatorios!
Moito ánimo!
Confío en todos vos, e sei que non vades a mancar a nosa confianza en vós. Esperamos que traballedes moito e ben.
Calquera cousa que necesitedes, podedes escribir un correo coas dúbidas a darioprofesorsociales@gmail.com
Sigo esperando polos vosos relatos do concurso!!!!!!!