XOVES 2 ABRIL

Boas Rapaces!

Hoxe comeza o prazo para enviar os exercicios que vos encarguei para esta semana. Volvo a repetir que son os exercicios que tendes O FINAL DO POWER POINT. Ninguén vos mandou que fixésedes os do libro do Aula. Ademáis, tendes actividades complementarias que vos deixei o martes neste mesmo blog. Creo que está todo moi ben explicadiño. Insisto porque recibín mails que non respectaban os parámetros que vos din, e mails facendo preguntas sobre o que tiñades que facer. Creo que con ista queda máis que claro. 

Polo demáis, segue a facer bo tempo, e sei que hai moitas ganas de saír da casa, pero agora que estamos no bo camiño, hai que seguir loitando, e facéndolo da mellor forma que podemos: quedando na casa. Tedes que focalizar en cousas boas, nas cousas que merecen a pena, e sobre todo, pensando nas cousas fantásticas que tedes na vosa vida (o Colexio é unha delas) e que ides retomar dentro de moi pouco. 

Hoxe quería facervos un regalo, porque de cando en vez, gostame moito saír á fiestra da miña casa e contemplar o atardecer, e onte tiven a posibilidade de ver unha fermosa imaxe que me fixo sentir privilexiado. Hoxe déixovos unha fiestra aberta á imaxinación, para que reflexionedes sobre tódalas cousas boas nas que ás veces non reparamos, e que é necesario apreciar, e máis nestes días. Mándovos unha aperta xigantesca e sobre todo, lembrade que é FUNDAMENTAL non deixar de sorrír. 


Polo demáis, as gañadoras do concurso de fotografía, e digo ben, porque é un premio "ex - aequo" para dúas compañeiras de 3º. As gañadoras do concurso son as vosas compañeiras C.F. e S.B. , que fixeron dous excelentes traballos fotográficos!!! (cando voltemos, teremos reparto de premios no Colexio) NORABOA!!!!!!


Seguimos esperando polas vosas cartas para os enfermos de COVID19 , que podedes achegar á dirección sociaissantacristina@gmail.com e colaborar cunha boa causa. Non vou poñer actividades na Semana Santa, pero en troco, podedes colaborar con esta fermosa maneira de axudar ós demáis. Esperamos os vosos mails!!!!


Lembrade, que se tedes algunha dúbida, ou proposta, tedes o meu correo electrónico a vosa disposición: darioprofesorsociales@gmail.com

NON VOS ESQUEZADES DE NOS!!!!!!!