Na clase de 1º da ESO falamos dos planetas, os satélites, os astros...
No medio da explicación xurdiu unha dúbida. Se na lúa a temperatura oscila entre os 123º polo día o os 233º baixo cero pola noite... Como foi posible que o home chegase onde ela? Quen foi esa persoa e como o fixo? Algúns alumnos e alumnas investigaron na rede. Aquí están dúas das respostas máis completas.
Nico Mosquera García:
"O primer home que pisou a lúa foi o comandante Neil Amstrong, o 21 de Xullo de 1969 as 2:56. Este home formaba parte dun equipo chamado Apollo 11 que partíu ó espacio o 16 de Xullo de 1969. O cohete chamábase Saturno V. A tripulación estaba composta por: Neil Amstrong, Edwin E. Aldrin e Michael Collins".
Iria Juárez Bastos:
¿Como aguantaron os astronautas na lúa?
"Foi grazas a un traxe espacial. Un traxe espacial é un equipo pechado herméticamente que inclúe un dispositivo de respiración e que lle permite moverse libremente polo espacio. É a única prenda destinada a calquera actividade extravehicular e unha medida de seguridade para a reentrada na nave. Protexe ós seres humáns da calor, do frío, da radiación e da nula presión atmosférica do espacio. Este traxe pode utilizarse na actividade vehicular fora da nave e no desplazamento pola lúa".
A frase que se poido escoitar no momento da chegada de Amstrong a lúa foi:
"Un pequeno paso para o home un gran paso para a humanidade!
Nico e Iria, grazas pola vosa investigación!