En 4º da ESO seguimos coa Ilustración, un movemento
intelectual que sempre tivo homes como exemplo, pero plantexámonos unha
pregunta: ¿acaso no século XVIII non houbo mulleres que participasen nese
importante acontecemento?
A alumna Alba
Sanmartín realizou un traballo de investigación moi interesante que
colgamos aquí.
“Aceptadas
nos círculos intelectuais, as Saloniéres convertíronse en artífices na sombra
da Ilustración. De feito, a Enciclopedia non se tivera publicado sen elas.
Entre todas destaca Catherine de Vivonne. Cando a corte de Luis XV prohibiu e
dificultou a publicación da Enciclopedia, as Salonières ofreceron un espacio de
traballo. A pesares da súa axuda, estas mulleres non foron nombradas na
Enciclopedia Ademáis, cando o seu poder empezou a crecer e se introduciron con
demasiado protagonismo no mundo “masculino” da política, as criticaron e burláronse
delas.
Un dos seus
maiores detractores foi Moliere, que chegou a escribir varias sátiras onde as
ridiculizaba. Estas mulleres, pouco a pouco, foron perdendo influencia política,
cultural e social. Mais, durante casi dous anos, as Salonières foron unha peza
importante en toda Europa”.