CUESTIONARIO DO SECTOR PRIMARIO (3ºESO)

Ola rapaces!
Déixovos as preguntas do cuestionario que vos prometín hoxe na clase. Ímolo corrixir na clase o luns pola tarde. Avisade os compañeiros que non estaban na clase hoxe. Boa fin de semana!



1. ¿Cal é a máxima prioridade do SECTOR PRIMARIO?

2.Explica os principais elementos físicos que condicionan a paisaxe agraria.

3.¿Qué tres tipos de solo coñeces? ¿Cal é o máis axeitado para plantación de cereais? ¿E o máis axeitado para a plantación de hortalizas?

4. Diferenzas principais entre a paisaxe agraria galega e a paisaxe agraria castelá.

5.Define : Latifundio, Monocultivo, OpenField, Agricultura extensiva, Caladoiro, Regadío, Gandaría semiestabulada, Cunicultura. 

6.¿Qué elementos climatoloxicos dificultan o desenvolvemento dos productos agrarios?

7.Principal diferenza entre Gandaría Intensiva e Gandaría extensiva.

8. ¿Qué é a “acuicultura”? Explica a razón pola que na actualidade tivo un especial desenvolvemento.

9. ¿Qué diferentes tipos de pesca coñeces? Explica as características de cada un deles.

10.¿Qué é a agricultura de rozas? ¿En qué consiste?

11.Principais características da agricultura de plantación.

12.Cita polo menos tres cultivos con denominación de orixe que se produzan en España.

13.¿Cales son as principais medidas tomadas pola Comunidade Internacional para favorecer a sostenibilidade da pesca?

14.   Explica como é a situación actual do Sector Primario.

15. ¿Cómo funcionan as bateas?