2º ESO: COÑECEMOS A CULTURA ISLÁMICA!!!

En 2º da ESO estamos no tema 1, e con él viaxamos a sociedade islámica e coñecemos a súa relixión. Unha das cousas que máis chamou a atención aos alumnos e alumnas foi o Ramádan, o mes de xaxún que todo bo musulmán debe levar a cabo unha vez ao ano, tal e como indica o libro sagrado do Corán...
Como poden estar sen comer durante todo o día? É unha das preguntas que se plantexan na clase. Un tema que sempre interesa e non pasa desapercibido...


3º ESO: DE CABEZA COAS CAPITAIS DO MUNDO!!!


En 3º da ESO estamos a aprender as capitais de case tódolos países do mundo pouquiño a pouco...
En breve estes alumnos e alumnas poderán participar en calquer concurso da tele!!!!
De momento, déixovos eiquí unha mostra das bandeiras deses países que estades a coñecer...
Ánimo!!!

4º ESO: QUE MODERNOS ERAN OS ILUSTRADOS!!!

En 4º da ESO estamos a descubrir que houbo uns homes e mulleres no século XVIII que revolucionaron o pensamento da sociedade daquel momento.
Gracias a eles surxiu a LIBERDADE, esa palabra tan necesaria para vivir con dignidade.
Estes pensadores foron os chamados "ilustrados" e moitas das súas ideas siguen vixentes a día de hoxe...!!!!



BENVID@S Á ASIGNATURA DE SOCIAIS!!! CURSO 2015/16

Benvidos e benvidas a materia de Sociais neste curso 2015-16!!!
Aprender, saber, coñecer fai de nós persoas sensibles ao mundo que nos rodea. 
Esta asignatura ofrece a posibilidade de adentrarnos no noso pasado, no noso presente e, por que non, no futuro que nos espera... Mergúllate sen medo no libro de texto, abre os teus ollos nas clases e traballa a diario. Sen darte conta, terás nas túas mans o ansiado aprobado!!!
Ánimo e participa neste blog cos teus comentarios!!!
Aquí atoparás información e moitas actividades...